Unha vez un home tiña tanta présa que quería non necesitar ningún tempo para nada. Pola mañá saíu correndo da casa e subiu ao bus. Pero o bus tardaba moito. Na seguinte parada baixou e púxose a correr diante do bus. No cruzamento, o semáforo estaba en vermello, máis o home non tiña tempo de decatarse de nada. Seguiu correndo. Os coches tocábanlle a bucina, a xente berráballe. Máis o home non o oía. Xa chegara á esquina seguinte e, a toda présa, seguiu correndo todo recto, atravesando a casa! Unha familia estaba a piques de almorzar,; o home saltou por riba da mesa, tirando ao chan as cuncas e os pratos, e nun tris saíu pola porta. Outra familia aínda estaba durmindo cando o home apurado pasaou por riba da cama e nun tris saíu pola xanela. É que non tiña tempo ningún de dicir "Descúlpenme, por favor!". Agora estaba nun patio rodeado de altos muros, con tanta présa non vira o portal. Petou coa cabeza contra o muro. Máis como non tiña tempo de pensar en nada, deu media volta e púxose a desandar o camiño: a través da casa, pola encrucillada e ao longo da rúa ata que nalgún momento chegou á súa casa. Daquela sorprendeuse!
Úrsula Wölfel, siempre divertida: 28 historias cortas para reír.
Otro libro recién editado también por Kalandraka de la misma autora es "27 historias para tomar la sopa". Cuentistas: a sacarle jugo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario